O Concello de Xove inicia o seu programa de Nadal este venres, 21 de decembro, recibindo a Papá Noel, na Praza, entre as 19:00 e as 20:00 horas. Ademais haberá chocolatada gratuíta ata agotar existencias.
O sábado 22 ás 21:30 horas no Pavillón de Deportes celebrarase o VIII Concurso de Karaoke. O domingo 23 ás 19:00 horas haberá un concerto Sons de Celeiro.
O martes 25 ás 18:00 horas, no salón de actos do Centro Cívico, haberá un baile de Nadal con Disco Nadal Dani Ríos. O mercores 26 ás 20:00 horas no Pavillón de Deportes proxectarase a película Los Pitufos 3. La aldea escondida. Tamén ese mércores ás 20:30 horas no Centro Cívico presentarase o vídeo Xove Emprende en galego, dirixido por Xacio Baño con Samuel Míguez, Marta Louzao, Fabián Ben, Iván González, Lucía Canoura e Ignacio Rodríguez. Ademais os días 26, 27 e 29 será a Semana Lecer Blanco con actividades de música, cociña, manualidades, experimentos e xogos, entre outras, organizado pola ANPA Pedro Caselles Rollán con prazas limitadas.
O xoves 27 ás 20:00 horas no salón de actos do Centro Cívico haberá teatro co grupo Andanzas de Viveiro que poñerá en escena a obra El caso de la mujer asesinadita. O venres 28 ás 20:00 horas no Centro Cívico celebrarase o Gran Concerto de Nadal coa Orquestra Clásica de Xove. O sábado 29 ás 19:00 horas no Centro Cívico o grupo infantil Adala de Fazouro representará a obra Mamasiña que medo. Ademais os días 28 e 29 disputarase o I Torneo de Bádminton Concello de Xove.
O domingo 30 ás 19:00 horas no salón de actos do Centro Cívico haberá un concerto de acordeonistas da Mariña. O luns 31 ás 11:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes, celebrarse unha Festa Infantil de Fin de Ano.
O 2 de xaneiro de 2019 ás 20:00 horas no Centro Cívico o grupo de teatro da Fundación Eu Son de Burela representará a obra Un mal día. O 3 de xaneiro ás 20:00 horas no Centro Cívico Teatro Aspanane de Viveiro poñerá en escena a obra O Pícaro de Viveiro, unha adaptación de El Lazarillo de Tormes.
O 4 de xaneiro será o Día dos Nenos e haberá xogos acuáticos na Piscina Municipal de 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:30 horas, e inchables no Pavillón Municipal de Deportes de 16:00 a 20:00 horas. O sábado 5 celebrarase a Cabalgata Especial de Reis a partires das 19:00 horas polas rúas de Xove. Ás 20:00 horas, no Pavillón de Deportes, haberá música coa Discoteca Móbil Decibelios.
Para rematar, o 6 de xaneiro ás 19.00 horas no salón de actos do Centro Cívico actuará a Coral Polifónica de Burela.