Do 16 ao 18 de agosto terán lugar na parroquia de Carballido, en Alfoz, as festas na honra de San Roque

A parroquia de Carballido, en Alfoz, celebrará as súas tradicionais festas ha honra de San Roque do 16 ao 18 de agosto.

O venres, 16 de agosto, a partir das 13:30 horas haberá misa, procesión e sesión vermú co Dúo Belinda. Pola noite, o Grupo Claxon poñerá ritmo á verbena.

O sábado, 17 de agosto, a partir das 13:30 horas, terá lugar a misa, procesión e sesión vermú esta vez a cargo do Grupo Montreal. O día rematará cunha verbena protagonizada pola actuación de DJ Balbin.

O domingo, 18 de agosto, a partir das 21:00 horas está programada unha gran churrascada seguida dunha verbena coa Orquestra Los Satélites e Discomóvil Conxuro porán o peche perfecto a esta festividade.