AciaFozCCA colaborará por quinto ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española contra o Cancro, a través da campaña Céntimo solidario, que se desenvolverá do 13 ao 23 de maio.
Pilar García, representante da AECC en Foz, o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, o concelleiro de Comercio, Chema Linares, e o alcalde de Foz, Fran Cajoto, foron os encargados de presentala.
Nos establecementos participantes haberá situadas huchas para deixar os donativos que @s seus clientes queiran depositar.
José Carlos Paleo agradece “o traballo realizado durante todo o ano pola delegación local da Asociación Española contra o Cancro. Desde o CCA tamén queremos unha vez máis colaborar e poñer o noso gran de area co Céntimo Solidario porque toda axuda, sexa a que sexa é importante”. O presidente de AciaFozCCA anima “á clientela dos negocios focenses a participar nesta campaña. A xente estivo a responder ben estes anos e agardamos que neste 2022 tamén aporte o seu gran de area”.
O Concello de Foz colabora con AciaFozCCA nesta campaña, que foi presentada hoxe.