O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, presentou un ciclo de cinco roteiros que o Goberno da Deputación organiza en colaboración co diario dixital Historia de Galicia, para dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio natural e histórico da provincia de Lugo. No acto tamén participaron Xurxo Salgado, Coordinador do portal web Historia de Galicia e do proxecto Rutas de Historia, e Manuel Miranda, Presidente de Mariña Patrimonio.
O Executivo Provincial achega 4.500 euros para poñer en marcha esta iniciativa, que pretende achegar á cidadanía o patrimonio oculto que atesoura a provincia de Lugo, promovendo ao mesmo tempo o turismo activo e dinamizando a economía do rural lugués.Esta colaboración permitirá desenvolver cinco rutas de sendeirismo durante os meses de setembro e outubro, que transcorreran polos concellos de Xove, Sober, Becerreá, Monforte, A Pobra do Brollón, e A Fonsagrada.
Fernández Queipo subliñou que “a través deste ciclo de roteiros pretendemos achegar a todos os lucenses a riqueza paisaxística e patrimonial coa que contamos na provincia, incidindo na importancia de conservar o medio ambiente. Así, a costa da Mariña, a Serra dos Ancares, o Canón do Sil, o Val de Lemos, e A Fonsagrada son algúns dos lugares onde terán lugar estas andainas, que abarcan varios períodos históricos; desde o neolítico ata a época contemporánea”.
O Vicepresidente engadiu que “ao mesmo tempo, estas rutas de sendeirismo son un bo reclamo para atraer turistas e dinamizar a economía do rural lugués. Non en vano, na primeira edición dos roteiros que tivo lugar o ano pasado participaron preto de 500 persoas de toda Galicia, que comeron e pernoitaron nos establecementos lucenses”.
Neste senso, a organización do roteiro pacta con restaurantes locais un menú para osparticipantes que así o desexen, ademais de facilitar aloxamentos nas vilas e concellos onde teñenlugar os roteiros. En 2017, máis de 150 persoas obtaron polos menús pactados con restaurantes locais e case un cento de persoas pernoitou en hoteis ou casas rurais dos concellos onde comezaronos roteiros.
Pola súa parte, Xurxo Salgado subliñou que “nesta segunda edición, Rutas de Historia quere volver repetir estaexitosa experiencia. Este ano, o proxecto quere centrarse nas riquezas patrimoniais de Lugo, e, poriso, artellou cinco roteiros históricos específicos en distintos puntos desta provincia.Tal e como aconteceu o pasado ano, neste proxecto colaboran diversas entidades e asociaciónslocais, o que incrementa a súa visibilidade”.
Na realización destas andainas, que están coordinadas polo portal www.historiadegalicia.gal e que contan co patrocinio da Deputación e Abanca, colaboran representantes de importantes entidades de defensa do patrimonio como Mariña Patrimonio, Patrimonio Galego, Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), Patrimonio dos Ancares, o Proxecto Arqueolóxico do Castro de San Lourenzo, o Colado do Vento ou o Colectivo Capitán Gosende.
Así, entre os guías destas andainas estarán Manuel Miranda, presidente de Mariña Patrimonio; Miguel Losada, secretario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA); Manuel Gago, director de Cultura Galega e investigador; Elixio Vieites, investigador e membro de Patrimonio Galego; Xabier Moure, presidente de Patrimonio dos Ancares; Paula Vázquez Verao, do Colado do Vento ou Xurxo Ayán e Xosé Gago do Proxecto Arqueolóxico do Castro de San Lourenzo.
Rutas e inscricións
Os roteiros previstos son oito, dos cales 5 transcorren pola provincia de Lugo:
1 .Na procura dos castros que naceron á beira do mar
2. Polas terras irredentas de Lemos: A ultima gran batalla dos guerrilleiros en Galicia
3. As pegadas prehistóricas, románicas e etnográficas no Canón do Sil, o río que fixo Galicia
4. As Ánimas, os mouros e os misterios milenarios dos Ancares
5. Camiñando pola Idade do Ferro na “carretera da República”
6. A ruta das pedras lendarias de Santa Mariña de Esteiro
7. Cabaleiros, Xinetes e Monxes Arraianos. Os castelos e os mosteiros que fixeron A Limia
8 A Galicia dos señores. Os segredos do Pazo de Oca
As andainas comezarán o 15 de setembro e rematarán o 20 de outubro de 2018. Teñen unha duración de entre catro e cinco horas e serán realizados durante as mañás do sábado ou do domingo. Estarán dirixidos por expertos coñecedores da zona, en moitas ocasións, membros de entidades culturais e patrimoniais. Serán circulares e as persoas interesadas terán que levar roupa axeitada e comida e bebida para o camiño.
Todos os participantes deberán inscribirse, previamente, na páxina web do proxecto, xa que Historia de Galicia dotará a todos eles dun seguro obrigatorio en caso de accidente. É por iso que os participantes terán que pagar 5 euros en concepto de reserva.
Roteiros 2017
Rutas de Historia realizou en 2017 a primeira xeira deste proxecto que consistiu en sete roteiros históricos. A inscrición en todos os roteiros tivo que pecharse ao terceiro día de abrir o sitio oficial debido a enorme demanda e expectativa que xeraron. Máis de 6.000 persoas consultaron a web www.rutasdehistoria.gal durante eses tres primeiros días. Nos sete roteiros participaron, finalmente, case 500 persoas e a valoración do conxunto do proxecto foi dun 4,75 sobre cinco, cun 77% dos participantes que deron a máxima puntuación