O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá a representación de Go Home, da man de Etiqueta Negra. Será a partires das 20:30 horas. O elenco artístico está formado por Josito Porto e David Amor
Go Home conta a historia de David, un fanático do turismo que xa fixo todo tipo de aventuras que as axencias de turismo lle podían ofrecer. Todas menos unha: unha viaxe sorpresa, a cegas, na que non sabe o que lle vai acontecer. A peripecia levaráo a pasar a noite no Cebreiro, comezando unha aventura na que David gozará de emocións intensas, tales como a dúbida, o medo e a sorpresa.
Go Home é o novo espectáculo dirixido por Tito Asorey, e está protagonizado por David Amor e Josito Porto en asociación con grandes da dramaturxia como José Prieto, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira e Xavier Porto. Trátase dunha comedia, comprometida coa realidade e cun elenco de luxo para tratar unha das temáticas máis de actualidade do momento: o turismo e a xerintrificación.
Venda de entradas: De luns a xoves, no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas,ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es, e tamén na taquilla do teatro unha hora antes da función.