Os días 27 de maio, 10 e 17 de xuño en horario de tarde de 16:00 a 20:00 o Concello, en colaboración coa Asociación Os Abelleiros de Ribadeo, organiza un curso práctico teórico de iniciación á apicultura.
Os días 27 de maio e 10 de xuño, de contido teórico, darase un repaso polas principais cousas que se necesitan para comezar no manexo de colmeas; farase un percorrido polos asentamentos, materiais necesarios, principais enfermidades, normativa apícola, extracción e comercialización do mel.
E o día 17 de maio abordarase unha xornada práctica que se levará a cabo nun apiario, onde se amosará como multiplicar colmeas dun xeito sinxelo.
O curso é gratuíto e está dirixido a todas aquelas persoas que se desexen iniciarse no mundo da apicultura.
Para máis información e/ou apuntamentos as persoas interesadas poden chamar ao Concello, á Área de Desenvolvemento Local 982 128 650. O prazo de inscrición estará aberto ata cubrir prazas.