Culturactiva presenta este sábado, día 31 de outubro, ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, a obra Rosalía.
O espectáculo, dirixido a nen@s con idades entre 4 e 10 anos, traslada ao público á nenez de Rosalía de Castro, amosando o porque da súa obra dun xeito ameno e divertido. Conta a historia de cando ten que abandonar a aldea para vivir coa súa nai despois de anos baixo a tutela das súas tías paternas, mentres a súa boa amiga Eduarda lle canta medio tristeira e medio burleira.
Baixo a dirección de Fina Calleja, a obra é interpretada por Rocío Diéguez e Cristina Collazo.
A reserva de entradas pode facerse, de luns a xoves de 9:00 a 14:00 horas, a través do teléfono 982 560 162 ou no correo rbg.cultura@viveiro.es. Segundo a normativa vixente, o aforo do teatro é de 60 persoas.