A cuarta edición da Panceparty chega a Foz este sábado, 24 de agosto

O vindeiro 24 de agosto terá lugar a IV Panceparty en Foz. O evento está organizado por Éche o que hai, coa colaboración do Concello de Foz e da Deputación de Lugo. Os fondos recadados destinaranse á creación da carroza coa que participará esta peña no Entroido 2025.

A Panceparty comezará ás 13:00 horas no Campo da Cabana coa tradicional sesión vermú.

Ás 20:00 horas iniciarase a festa grande, onde a música será a protagonista coa actuación de Puzzle Animación e Dúo Vivarium. Os asistentes poderán gozar de panceta, chourizo, pan, viño ou auga por 10 euros; ou lagostinos, pan, viño ou auga tamén por 10 euros. 

Ademais, haberá sorteos, xogos para nenos e nenas e moitas sorpresas máis. As entradas pódense adquirir de forma anticipada a través da páxina web www.echeoquehai.com.