Covas, en Viveiro, celebra as festas de San Xoán do 22 ao 26 de xuño

A parroquia viveirense de Covas celebra as festas na honra de San Xoán Bautista desde o sábado 22 ata o mércores 26 de xuño.

As actividades empezarán o sábado 22 ás 20 horas cunha foliada popular no campo da festa.

O domingo 23 ás 14 horas haberá sesión vermú coa orquestra Trebol, que tamén actuará na verbena xunto co grupo Zona Zero. E ás doce da noite comezará a lumeirada.

O luns 24 ás 11 horas haberá pasacalles coa Escola de Gaitas Cacharela de Covas; ás 13 horas celebrarase misa solemne e procesión coa Banda da Misericordia, polo programa Tradigalu da Deputación de Lugo; e a continuación terá lugar una sesión vermú amenizada pola orquestra Salsarena, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Marbella.

Para o martes 25 está programado un pasacalles ás 11 horas, a cargo de Non Cho Digo e a Escola de Gaitas Cacharela de Covas. Ás 14 horas empezará a sesión vermú coa orquestra Costa Dorada e a partir das 20 horas haberá sardiñada no Campo da Pascua. A verbena comezará ás 22:30 horas e actuará Costa Dorada.

As actividades rematarán o mércores 26 co Día do Neno, no que desde as 17 horas haberá atraccións a prezos popular no campo da festa.