Chévere chega o 3 de decembro a Viveiro con "As fillas bravas de Momán".

A compañía Chévere chega o 3 de decembro a Viveiro con “As fillas bravas de Momán”. Será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. O elenco artístico está composto por: Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar.

As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.

Con esta peza Chévere segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero para sensibilizar á sociedade frente á violencia machista e as desigualdades.

A reserva de entradas pode facerse no seguinte número de teléfono 982 56 01 62 ou rbg.cultura@viveiro.es e tamén na billeteira o día da función a partir das 19.30 horas