O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, visitou esta mañá a nova ubicación dos aparatos de exercicios biosaudables xunto coa concelleira de servicios sociais, Pilar Armada.
Estes aparatos foron situados a carón da nova pista de skate con vistas á ría. Coa Praza dos Campos, a bañeira de patinaxe o Parque Reina Sofía e as máquinas biosaudables, preténdese crear un espazo onde poder concentrar diferentes actividades físicas que sexan capaces de satisfacer as necesidades de diferentes grupos de idade.
Segundo afirma Villares, “esta nova ubicación permite concentrar diferentes tipos de actividade física nunha contorna privilexiada no centro de San Ciprián”.
Así mesmo, o alcalde incideu “na importancia de seguir apostando por infraestructuras e actividades que poñan en valor a importancia do coidado da saúde e o deporte na nosa poboación”.