Caramuxo Teatro representa no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, A nena que vivía nunha caixa de mistos. Será este sábado, 30 de outubro, ás 18:00 horas.
A nena que vivía nunha caixa de mistos é a terceira parte da triloxía sobre contos populares, que comezou con As fabas máxicas e continuou con Feo, que recibiu o Premio María Casares ao mellor espectáculo infantil. Está inspirada no conto A vendedora de mistos de Hans Chistian Ándersen. Conta a historia dunha nena que camiña pola rúa dun lugar a outro coa súa caixiña de mistos, a casa onde pasa a noite.
Trátase dunha adaptación de Laura Sarasola e Juan Rodríguez, quen dirixe a obra.
A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 162 ou en rbg.cultura@viveiro.es en horario de 9:00 a 14:00 horas. O prezo da entrada é de 2 euros.