O Concello de Burela estará presente cun stand propio na Turexpo de Silleda, o salón turístico de Galicia, con ocasión da Semana Verde de Galicia que se celebra neste municipio pontevedrés.
O evento terá lugar a partir do xoves, día 30 de maio, e se prolongará ata o día 2 de xuño. Estaráadicadoá promocióndas festas de interese turístico, como é o caso da Feira do Bonito de Burela.
No stand do Concello de Burelapromocionarase a Feira do Bonito e os demais atractivos turísticos do municipio, e contará coa presencia da técnica de turismo para proporcionar informaciónáspersoasasistentes a Turexpo. Tamén estará exposta unha maqueta do Barco Museo “Reina del Carmen”.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, destaca “a importancia da promoción turística, a través de iniciativas como esta, para potenciar este sector tan relevante para a nosa vila”.
“Esta é unha feira moi interesante, pola que pasa moitísima xente, e na que levamos moito tempo participando, pois é unha ocasión perfecta para dar a coñecer as atraccións turísticas de Burela”.