Burela conmemora o día da biblioteca o 21 de outubro con Teatro dos Ghazafelhos e "Camiñando entre estrelas".

Burela conmemora o Día da Biblioteca, que se celebra o 24 de outubro, cunha actividade de animación á lectura para os nen@s que terá lugar este sábado, día 21, na Biblioteca de Burela.

Teatro dos Ghazafelhos presentará o espectáculo infantil titulado Camiñando entre estrelas. Trátase dun contacontos que ilustra dun xeito ameno e pedagóxico a formación dos planetas, estrelas e astros cunha pequena escenografía onde se mostran os distintos obxectos celestes contando cunha proxección de fotografías e debuxos.

A actividade está dirixida a todos os públicos e terá lugar este sábado, 21 de outubro, no auditorio da Casa da Cultura ás 18 horas. Á entrada será libre.

A compañía Teatro dos Ghazafelhos foi creada por Pepablo Patiño e Montse Piñón e cos seus espectáculos teñen traballado na dinamización á lectura en campañas escolares e de bibliotecas. Desde o ano 2013 participan no programa Ler conta moito.

A Biblioteca Pública Municipal de Burela e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Galicia, presentan deste xeito o programa Ler conta moito para a dinamización da lectura nas bibliotecas integradas na rede.