Burela celebra a romaría de Monte Castelo desde este venres, día 22 de xullo, xornada na que haberá misa na igrexa de Vila do Medio ás 20:30 horas, media hora despois terá lugar unha chicharrada e actuarán Grupo Montreal e DJ Balbino.
O sábado 23 haberá sesión vermú con Grupo JB Son a partir das 14:00 horas. Desde as 18:00 celebrarase concurso de casetas, campionato de tute, xogos para nen@s organizado por Gaia. E ás 23:30 empezará a verbena con Grupo JB Son e DJ Balbino.
O domingo 24 ás 13:15 celebrarase misa e procesión no honra da Nosa Señora das Marabillas e a partir das 14:00 horas, sesión vermú a cargo do dúo Merengue.