Burela acolle unha “Tarde de Cine e Chocolate” este sábado, 11 de xaneiro

Burela acollerá un evento denominado Tarde de Cine e Chocolate este sábado, día 11 de xaneiro.

O Concello de Burela colabora con Cáritas Burela-Cervo-Cordido na organización desta actividade o sábado 11 de xaneiro. Ás 17:00 horas haberá cine no auditorio da Casa da Cultura ás 19:00 terá lugar unha chocolatada na Praza de Abastos.

É necesario confirmar asistencia á xornada a través do número de teléfono 652.150.154.