
O día 29 de abril, martes, ás 18:00 horas no salón de conferencias da antiga Biblioteca de Burela haberá unha charla sobre moda con conciencia, con entrada libre.
O Concello de Burela anuncia: “descubre como Cáritas transforma o mundo a través da moda sostible. Non é só cuestión de estilo, é cuestión de conciencia! Se che interesa a moda, o medio ambiente ou simplemente facer as cousas doutro xeito, esta charla é para ti”.