O Concello de Burela e a Deputación de Lugo organizan dúas charlas no marco do programa Xunt@s da institución provincial: o mércores 10 de abril ás 17:00 horas no salón de conferencias haberá unha xornada sobre nutrición e hábitos saudables; e o xoves 11 ás 18:00 horas, tamén no salón de conferencias, terá lugar unha xornada sobre envellecer de forma activa.
O programa Xunt@s da Deputación pretende impulsar a participación cidadá e o asociacionismo na provincia.