
Todas as rapazas e rapaces que desexen participar deben ser socios da entidade. A cota é de 15 euros ao mes por familia. As familias que se queiran incorporar á ACD Xove deben contactar coa xunta directiva da asociación para formalizar e tramitar a súa alta. O teléfono e whatsapp ao que poden dirixirse é o 618 97 61 59.
As inscricións en todas as actividades ofertadas pola ACD Xove faranse a través da web www.acdxove.com
A presentación da tempada 2024-2025 terá lugar o 14 de setembro ás 20 horas no Centro Cívico de Xove. E as actividades dará comezo o 16 de setembro, segundo o horario establecido para cada unha delas.