Ata o 27 de abril pódese visitar na Casa da Cultura, en Cervo, a exposición "Ondas do Nordés", de Miguel Anxo Macía.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, inauguraron este mediodía a exposición Ondas do Nordés, de Miguel Anxo García, que tamén estivo presente.
 
A mostra, composta por 24 óleos, é unha recompilación da obra do autor, natural de Lugo, e doutor cum laude en Belas Artes pola Universidade de Vigo, e licenciado en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade de Valencia.
 
Os traballos poden verse na sala de exposicións da Casa da Cultura de San Ciprián ata o 27 de abril. A mostra pode visitarse ata o 27 de abril, de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:00 horas, e de 16:00 a 20:00 horas
 
Caramés recordou que tamén se pode visitar ata o 2 de abril na Sala de Exposicións da biblioteca de Cervo unha mostra sobre a vida e obra de Rosalía de Castro.