A asociación O Castelo, de Alfoz, convoca un certame de narración e debuxo co gallo do Día das Letras Galegas

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, convoca un certame de narrativa e debuxo co gallo do Día das Letras Galegas. O concurso terá dúas modalidades, unha de narrativa (relatos curtos) e outra de debuxo.

Haberá catro categorías: A, ata 5 anos; B, de 6 a 8 anos; C, de 9 a 11 anos; e D, de 12 a 16 anos e recibirán premios os autores dos mellores traballos de cada modalidade e categoría.

O prazo de presentación dos traballos remata o día 16 de maio de 2024. Os participantes deberán cubrir unha folla de inscrición para cada obra que presenten e entregar os traballos, xunto coa folla grampada na parte de atrás deste, na biblioteca da Casa da Cultura de Alfoz ou escaneados mediante o correo electrónico asociacion.ocastelo@gmail.com co asunto “Concurso Letras Galegas 2024” e con todos os datos que se piden na folla de inscrición. Se se escolle esta última opción deberase conservar o traballo físico, que será requirido no caso de gañar un premio. Poderanse remitir dous traballos por modalidade e participante.