Asociación Motera Martelos Costa Norte organiza unha chocolatada benéfica para este domingo, 19 de febreiro, na Praza Maior de Viveiro de 16:00 a 20:00 horas. Haberá actividades de ocio e animacións para @os nen@s.
Cada asistente deberá aportar 3 euros polo chocolate con churros ou biscoito. A recadación íntegra será doada á asociación Nico contra el cáncer infantil, que fomenta a investigación do neuroblastoma.