A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza rutas polo Baixo Miño os días 26 e 27 de outubro

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de rutas polo Baixo Miño para os días 26 e 27 de outubro, sábado e domingo.

O sábado sairán do Cantón de Vilanova de Lourenzá ás 06:30 horas e  percorrerán desde Lamas de Mouro ata Castro Laboreiro, en Melgaço (Portugal), cunha distancia de 7,3 quilómetros e dificultade media.

E o domingo farán a ruta de Tui a Caldelas de Tui, con 7,4 quilómetros e dificultade baixa.

Os prezos son de 140 euros para os socios do colectivo organizador e de 165 euros para os quen non son. “Inclúen desprazamento ida e volta en autobús, xantar de mediodía do sábado e o domingo, cea do sábado, almorzo do domingo pola mañá e pernoita da noite do sábado para o domingo. Faremos unha parada para almorzar na viaxe de ida (esa comida non se inclúe no prezo)”, explica a organización.

O prazo de inscrición remata ás 15 horas do 23 de outubro.