Acisa colabora un ano máis coa agrupación de Cáritas Ribadeo nunha recollida solidaria de alimentos para Nadal. 30 establecementos asociados participan nesta iniciativa que se prolongará ata o 15 de decembro.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “se trata dunha iniciativa que poñemos en marcha en colaboración coa agrupación de Cáritas de Ribadeo e consiste nunha recollida solidaria de alimentos. A campaña comezou o 2 de decembro e prolongarase ata o 15 deste mes”.
O presidente da asociación, Francisco Iriarte, dixo que “tras éxito da recollida de alimentos do ano pasado, e atendendo á petición de Cáritas de Ribadeo, desde Acisa consideramos que debíamos repetir esta iniciativa solidaria, que se basea en que todo aquel veciño ou veciña de Ribadeo que o desexe pode levar aos máis de trinta puntos de recollida, unha pequena colaboración en forma de alimentos para que posteriormente Cáritas os reparta entre as persoas que o precisen”.
Jesús Pérez Prada sinalou que “segundo nos din desde Cáritas, o que máis se necesita son alimentos básicos non perecedoiros como pasta, arroz, legumes, cacao, leite cun marxe longo de caducidade, potitos, galletas, cereais ou aceite”.
Francisco Iriarte manifestou que “non nos costa nada colaborar e así axudar a moitas persoas. Chega o Nadal e todos podemos poñer o noso grao de area. Agora que comezaremos a mercar para Nadal lembremos a quen máis o necesita e axudémoslle con algo tan básico como son os alimentos”.
Os establecementos nos que se poden depositar alimentos son: Gasóleos Abelleira, Mercería Torviso, Panadería Torviso, El Rincón del Gordo, Kids & Us, Bar Queimada, Faro Norte Comunicación, Opticalia, Centro auditivo Global, Goia´s, Ribamueble, For Friends, R23, Farmacia Álvarez Lebredo, Linares, Anais, Galipizza, Xeito, Sargadelos, La Moda Joven, La Lira, Farmacia Mª Euguenia Hermida, Plateria Gutié; Optica Carreira, Julia moda infantil, Fauna, Saia, O Alén, Farmacia Do Campo y Hotel Restaurante Javier Montero.