O "Obradoiro de comunicación escrita", está dirixido a persoas con fluidez expresiva en galego oral, e que se desenvolverá nunha sesión presencial o sábado 14 de novembro, cunha fase previa de traballo persoal en rede entre o 7 e o 13 deste mes.
O prazo de inscrición péchase o 6 de novembro ás oito da tarde. As persoas interesadas poden mandar un email a asociacion.nordes@gmail.com ou no teléfono 653 75 64 54 (Ricardo).
Desde a organización preguntan “¿Falas galego? Falas galego con fluidez expresiva? E como se che da o escribilo? Manéxaste co galego nas redes? Se a túa resposta é un si ás primeiras preguntas, pero nin un "ben", nin un sí ás últimas, pode que precises participar no obradoiro de comunicación escrita, que organiza Nordés, a asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladora”.
O obradoiro ten un número de prazas limitadas: tan só 15. E unha data límite para a inscrición que, por certo, é gratuíta: o 6 de novembro ata as 8 da tarde (consulta o cartaz). Está dirixido polo nordesteiro Bernardo Penabade, filólogo e profesor no IES Perdouro de Burela, cunhas sesións virtuais dende o 7 ó 13 de novembro, e unha presencial o sábado 14 do mesmo mes.
É un obradoiro que rematará cunha obra de teatro por conta da compañía "Debulla escénica" a partires das 7 da tarde do día 14, co título de "Perversons", e que está aberta a todas as persoas maiores de idade aínda que non participen no obradoiro.
O obradoiro e a sesión de teatro desenvolveranse na Casa da Cultura do Vicedo.