Do 19 ao 24 de agosto en Foz Afundimos os prezos. Trátase da nova campaña do Centro Comercial Aberto na que participan arredor de 30 comercios, que sacarán os seus produtos á rúa o ofrecerán descontos que chegarán nalgún caso ata o 80%.
O presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo, explica que “durante a vindeira semana, do luns ao sábado, preto de 30 tendas asociadas van sacar os seus produtos á rúa con descontos moi interesantes, que oscilarán entre o 50 e o 80%. Será unha boa oportunidade para facerse con artigos da campaña de verán a prezos moi interesantes”.
Os locais que se dan cita en Afundimos os prezos son: 5 Lobiños, Alain Afflelou, Alma Libre, Arrullos, Calzados Pirde Outlet (interior), Carmen León Zapatería, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura (interior), Din y Don, Don Zapato (interior), Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola (interior), La Flor Abulense, Librería Bahía, Longarela, Lourdes Moda Íntima, María Docampo, Nº1 Deportes, Ofifoz, Sensación Surf, Sueños, Unique-2, Vagaluz (interior), Vas’s, Vas’s Outlet e Xanela (interior).
Paleo lembra a importancia que ten mercar no comercio local: “porque debemos ter moi presente que o comercio fai pobo”.