A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza unha ruta de sendeirismo por Barqueiro-Bares para este sábado, 17 de agosto.
A saída será, ás nove de mañá, da estación de autobuses de Burela.
As persoas interesadas poden anotarse en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504, antes do mércores 14 de agosto, ás 15:00 horas. O prezo é 10 euros para os socios, e 15 euros para os non socios. Inclúe autobús e seguro.
A ruta ten un percorrido de 12 quilómetros e un nivel de dificultade baixo.