O centro sociocultural de Barreiros acollerá o musical Os Rockenstein. Será o 7 de agosto ás doce da mañá.

Dentro do programa Cultura no Camiño 2019, da Xunta de Galicia, o centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros acolle este mércores, día 7 de agosto, ás 12:00 horas o espectáculo Os Rockenstein. E unha obra de teatro musical destinada a público familiar a cargo de Malasombra Producións.

A entrada a este evento, promovido pola Concellería de Dinamización do Concello de Barreiros, é gratuíta ata completar o aforo.