O Concello de Barreiros organiza unha excursión a Lalín. Será o vindeiro 6 de abril (sábado).
A viaxe inclúe visitas á Casa do Patrón, á Sala de Arqueoloxía do Castro de Doade, á Casa Castrexa, ao Castro de Doade, ao Pazo de Liñares e ao Museo Galego da Marioneta. Ademais os asistentes degustarán o tradicional cocido de Lalín nun restaurante da localidade.
As persoas interesadas poden facer a súa inscrición ata o día 29 deste mes de marzo na Oficina de Turismo. O prezo é 25 euros por persoa.