Está aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de arrolos que se celebrará o vindeiro 27 de xaneiro.
Esta actividade, que está incluída no proxecto Apego que desenvolve o Concello ribadense, será dirixida por Ugía Pedreira e está destinada a nen@s de 0 a 3 anos.
O obradoiro terá lugar o 27 de xaneiro ás 17:30 horas no Teatro. A duración será de dúas horas.
O número de prazas é limitado para 20 bebés e con cada un deles poderá asistir unha persoa adulta. Como noutras ocasións, o grupo estará no escenario e poderá haber persoas no patio de butacas.
O prezo por participante é 3 euros e @s interesad@s poden inscribirse na dirección de enderezo electrónico cultura@ribadeo.org.