O 1 de setembro terá lugar en Viveiro a proxección de "60 en positivo", que organiza a asociación fotográfica Os Negativos.

A asociación fotográfica Os Negativos, de Viveiro, organiza unha proxección fotográfica que terá lugar 1 de setembro.

O título desta proxección é 60 en Positivo, e terá lugar o 1 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. A entrada é de balde.

Trátase dun espectáculo multimedia, composto por unha proxección de fotografías dos socios do grupo, en pantalla xigante e acompañada de música.

Colabora con este evento o Concello de Viveiro.