Este domingo, día 22, celebrarase a segunda edición do Festival Tradicional de Ribadeo, que organizan a Asociación Cultural Ronqueta e o Concello ribadense coa colaboración da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo e o cuarteto tradicional Illa Pancha.
Será ás 20:00 horas no parque de San Francisco e actuarán os grupos da Asociación Cultural Abelladeira, de Ponferrada; da Agrupación Folclórica Mistura, de Lieiro-San Cibrao; e o grupo tradicional Marbadás, da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
Antes do festival farán un pasarrúas desde o Teatro ata o parque de San Francisco.