A sala de exposicións da Casa da Cultura acolle estes días a mostra “Adaptacións” de Xosé López Losada, “Xolo”, natural de Ourol.
O artista estivo acompañado no acto inaugural pola a edil de Cultura, Dolores García Caramés, a de Servizos Sociais, Pilar Armada, e os concelleiros de Deportes e Obras, José Ramón Soto e Plácido Pérez, respectivamente, ademais de compañeiros e compañeiras da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña.
A mostra, que pode visitarse ata o 30 de xullo, está composta por 15 obras escollidas de entre máis de 200 cadros que conforman a colección de “Xolo”, que está ligado ao mundo da artes desde que era un neno.
O pintor trasladouse a Salamanca no ano 1987 para estudar Belas Artes, onde acadou Matrícula de Honra no primeiro curso de Universidade. A finais do segundo ano, unha enfermidade mental impediulle seguir pintando ata que no 2005 retomou a actividade; facendo desde entón varias exposicións con moito éxito.