A Coral Polifónica de Ribadeo ofrecerá o seu concerto de verán este venres, 20 de xullo.
A actuación terá lugar no auditorio municipal Hernán Naval e dará comezo ás 20:45 horas.
O concerto, titulado Zarzuela e outras músicas, será en beneficio da Asociación Española contra o Cancro. E o donativo mínimo é de 3 euros.
Colaboran o Concello de Ribadeo, a Asociación Española contra o Cancro, Discosta Norte SL, a Xunta de Galicia, Acisa Ribadeo e o Centenario de Carlos Álvarez Fernández Cid.