Ata o 23 de agosto celébranse todos os xoves en Mondoñedo "Os Seráns de Lecer". Haberá circo, teatro, títeres e concertos.

O Concello de Mondoñedo organiza un verán máis “Os Seráns de Lecer dos Xoves de Verán”.

A actividade comezou o xoves 5 de xullo e prolongarase durante todos os xoves do verán ata o 23 de agosto, e desenvolverase na Praza do Concello.

Programación
O programa inclúe xogos tradicionais, circo, concertos de música, teatro e títeres.

“Os Seráns de Lecer dos Xoves de Verán” inaugurou a súa edición do ano 2018 o xoves 5 de xullo na que Puzzle Animación desenvolveu xogos tradicionais.

O xoves 12 de xullo ás 20:30 horas a compañía Circo Chosco levará a cabo o seu espectáculo “Riscando o Ceo”.

O día 19 de xullo haberá dobre sesión. Ás 19:00 horas estará a Gaitaescola coa súa actuación “Troula fin de curso” e ás 21:00 horas a actuación de Reviravolta.

O 26 de xullo ás 20:00 horas Fran Rei representará o espectáculo, a medio camiño entre a maxia e o contacontos, “Historia de Brancaflor”.

O xoves 2 de agosto ás 20:30 horas terá lugar a actuación de “Tania y su acordeón”.

O 9 de agosto ás 20:30 levarase a cabo o concerto “Brinca Vai”, unha actividade dirixida a público infantil que se basea no libro Brinca Vai de Paco Nogueiras.

O xoves 16 de agosto ás 20:00 horas será o turno para os títeres co espectáculo “Romances” a cargo de MicrominaTíteres.

E, para rematar esta edición de “Os Seráns de Lecer dos Xoves de Verán”, o xoves 23 de agosto a partir das 21:00 horas celebrarase o concerto do grupo de pop/rock español “Los Limones”.