O complexo RegalXunqueira, de Viveiro, acolle a exposición La Chica del Pazo de Sergey Sozonov.
O pintor ruso Sergey Sozonov, afincado en Ortigueira, conta cunha ampla traxectoria e entre as súas exposicións máis recentes están, no pasado mes de marzo, GalioArt-Estilos en Ortigueira e San Cibrao. Tamén expuso Miradas de Ortigueira e Cinco continentes en Ortigueira en 2016 e 2015, e varias obras en galerías de Moscú en 2014.
La Chica del Pazo permanecerá no complexo RegalXunqueira ata o día 15 de xuño.