A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza para mañá, sábado, unha función de teatro infantil na Casa da Cultura e outra representación do ciclo Teatro afeccionado nas parroquias, neste caso en Vilaronte.
Mañá ás 18:30 horas na Casa da Cultura de Foz terá lugar unha sesión de monicreques con Eme2 Emoción&arte, que presentará a obra Contacreques. É unha peza de creación propia con textos de Ricardo Combi baseados nos contos clásicos O Ruiseñor, Garavanciño e O Zapateiro e os trasnos. A duración é de 45 minutos e o prezo da entrada, 1,5 euros para o público infantil e 2,5 euros para os adultos.
Tamén mañá, sábado, no local da asociación cultural Os Castros de Vilaronte ás 19:00 horas, dentro do ciclo Teatro afeccionado nas parroquias, o grupo de teatro A Adala, de Fazouro, representará a obra Elixir de xuventude. Organiza o Concello de Foz e a asociación cultural Os Castros, de Vilaronte.