O Concello de Cervo felicita aos veciños do municipio co tradicional calendario de Nadal que foi presentado no día de hoxe no edificio municipal por parte do equipo de Goberno.
En total editáronse 2.200 exemplares que se comezaron a repartir no día de hoxe.
Tal e como explicou o rexedor “trátase dun manual que xa é un clásico do Concello de Cervo por estas datas, e que cremos que é unha ferramenta moi útil para os nosos veciños porque recolle todas as datas importantes que terán lugar ao longo de todo o ano en Cervo, e tamén as festividades e días reseñables que se conmemoran e celebran a nivel nacional; ademais da táboa de mareas e os teléfonos de interese do noso Concello”.
Toda esa información vai incluída nun deseño moi especial e moi noso, xa que cada mes vén ilustrado cunha fotografía de grupos de amigos, familias, de paisaxes, de xuntanzas ou de celebracións, que tiveron lugar no noso Concello nesta ocasión nos anos 80 e 90; e que, de seguro, lles van traer moitos recordos aos protagonistas. “Son instantáneas que forman parte da fototeca municipal, cedidas polos nosos veciños, aos que lles temos que agradecer ese xesto xeneroso que nos permite recuperar retais da nosa historia e recompilalos, ano tras ano, neste almanaque que ten tanto significado para nós”.
Este ano tamén decimos incluír xunto ao calendario a programación de Nadal para que todos os cervenses teñan cumprida información dos horarios e datas de todos os actos que temos programados dende o Concello e tamén en colaboración coas diferentes asociacións: Como a Gala do Nadal, as Cabalgatas de Reis, o cine ou as actividades de Enredos programadas para os máis novos.