Os días 6 e 8 de decembro haberá visitas guiadas gratuítas ao centro histórico de Viveiro. Están organizadas dende a Oficina Municipal de Turismo.
O percorrido discorrerá polo centro histórico da vila e fará unha parada no belén xigante de Viveiro, diante do berce. Este belén, instalado no atrio da Igrexa de Santa María, é a tamaño natural e está considerado como un dos máis importantes de Galicia pola dimensión das súas pezas e a extensión do seu conxunto.
As visitas ao centro histórico de Viveiro sairán da Oficina Municipal de Turismo que se atopa na avenida Ramón Canosa s/n, e o seu número de teléfono é 982 560 879.
Os horarios das visitas serán as 12:00 horas para o 6 de decembro, e ás 17:00 horas para o 8 de decembro.