O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a gozar do San Xoán de San Ciprián da man do Grupo A Rebolaxe.
A edil de Cultura, Dolores García Caramés, e unha representación do Grupo A Rebolaxe presentaron o evento que se celebrará este venres no aparcadoiro do estanco, en frente á praia do Torno.
A xornada comezará ás 20:00 horas, con música da man da Rebolaxe, racións de chourizo e panceta á brasa, queimada, sorteo de produtos típicos e unha gran fogueira na praia do Torno.
O concerto de “mi rollo es el rock” porá o broche de ouro a partir da 1:00 horas.
Os fondos que se recauden irán destinados á celebración da Foliada organizada pola Rebolaxe que terá lugar a comezos de setembro.