Acisa presentou a campaña de fidelización que levará adiante do 15 de maio ao 15 de xullo co obxectivo de premiar aos clientes fieis do comercio e da hostalería ribadenses. Por cada compra ou consumición nos establecementos asociados os clientes recibirán unhas tarxetas seladas, que deberán cubrir cos seus datos, e gardalas para acudir o día 15 de xullo ao sorteo presencial que terá lugar no parque de San Francisco. En xogo poranse 1.000 euros en vales de compra.
O presidente de Acisa, David Martínez, dixo que “dende ACISA queremos premiar á xente que adiante as súas compras de primavera verano, e ademais tamén aos fieis, a todas esas persoas que están comprando todo o ano en Ribadeo, que teñan dous meses para mercar e gozar do noso comercio. E tamén por suposto da hostalería. Queremos premiar a toda a xente que está tanto consumindo na hostalería como no comercio de Ribadeo durante dous meses, que todos os que consuman acudan e algúns poidan ser premiados no sorteo que teremos o 15 de xullo”.
Martínez engadiu que “será un sorteo presencial co que se asegura que os gañadores estarán entre a xente que acuda, e así evítanse eses longos sorteos doutras ocasións. Este será máis ameno e divertido”.
Pola súa banda, o xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “son 1.000 euros en premios. Hay un primer premio de 500 euros, uno de 200 y dos de 150 euros. Va a ser un sorteo presencial. Vamos a intentar animarlo en una fiesta, que no será como la de del comercio, pero en la que tendremos alguna sorpresa y un poco de animación. Es un sábado después de los indianos, que también tiene su tirón porque estaremos a mediados del mes de julio”. Pérez subliñou que “es muy simple participar. En el establecimiento asociado te tienen que sellar la tarjeta, tu pones el nombre y el DNI, guardas todas cuantas tengas y las llevas el 15 de julio al sorteo, que tendremos en el parque de San Francisco y optas a alguno de los cuatros premios que pondremos en juego”.
O broche de ouro desta campaña de fidelización será o 15 de xullo. Ese día instalarase unha carpa no parque de San Francisco, onde se situará unha urna para depositar as tarxetas a partires das cinco da tarde. E o sorteo celebrarase ás 21:30 horas.