O Concello de Trabada organiza unha actividade para nen@s o venres 21 de abril. Enmárcase dentro do programa “Ler conta moito”.
O grupo Os Quinquilláns presentan a obra titulada Por qué é salgada a auga do mar?. Este espectáculo terá lugar na Biblioteca Municipal de Trabada ás 18:00 horas.
Os Quinquilláns son dous investigadores mariños que teñen distintas hipóteses para dar explicación á orixe do sal na auga do mar. ademais de representar esta lenda, os dous tripulantes organizan unha grande expedición aos fondos mariños levándose consigo a todo o público e facéndoos partícipes de importantes descubrimentos.