O primeiro é o 23 de abril, por terras asturianas. Con esta viaxe devolve a visita á asociación de Mies, de Oviedo. A organización espera que para este irmanamento vaia moita xente e lembra que o grupo asturiano veu con arredor de 50 persoas, polo que pretende amosarlle a súa gratitude pola visita realizada a Foz.
O segundo andareiro, organizado por Sendeiros de Foz durante o mes de abril, é os días 29 e 30 de abril, á localidade da Cañiza en Pontevedra, para participar no Día Nacional do Sendeirista. Nesta cita participarán persoas chegadas de toda España polo que os organizadores tamén pretenden asistir cun grupo numeroso.
As prazas son limitadas e o prazo para anotarse na viaxe a Asturias remata o 19 de abril, e no desprazamento á Cañiza o 12 de abril. As inscricións poden facerse nos números de teléfono 670 369 017 (Morís) e 676 561 594 (Nelli), ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.
Os prezos para a viaxe a Asturias é 36 euros para os socios federados, 40 euros para os socios non federados, e 45 euros para os non socios. Está incluído o xantar e o ingreso debe facerse en conta bancaria. Os prezos para a viaxe á Cañiza son 94 euros para os socios federados, 98 euros para os socios non federados e 105 euros para os non socios. Está incluído o aloxamento en pensión completa e o ingreso debe facerse en conta bancaria.