A Concellaría de Igualdade organiza en un curso intensivo de autodefensa feminista e un taller de novas masculinidades, entre outras actividades, coa clara reivindicación de que “o 8 de marzo debera ser todos os días”.
O curso de autodefensa feminista desenvolverase o venres, 3 de marzo, no Colexio Sagrado Corazón de Xesús pola mañá e no IES de Ribadeo pola tarde. E o sábado, 4 de marzo, farase unha xornada aberta e destinada ao público en xeral desde as 10 da mañá ata a unha do mediodía no ximnasio do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros. Desde o CIM lembran que hai prazas limitadas, polo que é preciso anotarse enviando un e-mail ao correo cim@ribadeo.org ou ben chamando ao 982 120 739.
O 7 de marzo o alumnado do ciclo de educación infantil do CIFP Porta da Auga desprazarase ata o colexio público Gregorio Sanz e ao colexio Sagrado Corazón de Xesús para traballar un conto co alumnado de infantil que versará sobre a igualdade. Esta actividade levase facendo varios anos en colaboración co CIFP Porta da Auga. Este ano o conto elixido é Rosa Caramelo, de Adela Turín e Nela Bosnia da Editorial Kalandraka (ed. 2008).
E en abril terán lugar as X Xornadas de Violencia de Xénero.