Agotadas as entradas para asistir á cea de coroación da raíña do Entroido de Foz, que terá lugar o 11 de febreiro na Sala Bahía.

Agotadas as entradas para asistir á cea de coroación da raíña do Entroido de Foz, que terá lugar o 11 de febreiro na Sala Bahía.
 
Na Delegación de Cultura do Concello de Foz vendéronse onte en menos de tres horas as 550 entradas dispostas para a cea de coroación da raíña do Entroido, que se celebrará o día 11 de febreiro. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, salienta que o Entroido focense está a vivir un dos seus mellores momentos.
 
Javier Castiñeira explicou hoxe que “onte abriuse o prazo para recoller as entradas para a cea de coroación da raíña do Entroido e o mesmo día quedou xa pechado posto que en menos de tres horas vendéronse 550 entradas; e polo tanto o aforo está completo. Estamos moi contentos pola demanda e porque o Entroido de Foz está a vivir un dos mellores momentos da súa historia; proba disto é esta cea de coroación da raíña, na que no ano 2011 eran arredor de 150 persoas, das cales a metade estaban incluso sen disfrazar, e pasamos agora a máis de 600 persoas, que roldaremos entre os invitados máis os participantes”.
 
O alcalde de Foz considera que “algo se debe estar facendo ben dende a organización; e, por suposto, felicitar ás peñas pola súa colaboración, posto que sen eles dende logo sería imposible. Eu creo que a raíña e as damas van estar moi contentas, van estar ben apoiadas, e isto augura que vai ser un principio do Entroido estupendo”.
 
Castiñeira engadiu que “nos vimos obrigados desde o Concello a ampliar a carpa e tense falado xa coa empresa para facer unha á medida co máximo espazo posible. Sacarase tamén o catering da carpa e poñerase nunha zona externa ao recinto. Polo tanto tranquilidade absoluta posto que eu creo que incluso vai haber máis espazo para estar moito máis cómodos que o ano pasado. É certo que o Concello está a facer encaixe de bolillos para poder aumentar a capacidade, pois practicamente temos unha suba dun dez por cento cada ano. Estamos contentos e é moi bo inicio do Antroido 2017”.