O 23 de decembro terá lugar na Igrexa Parroquial de Ribadeo o XXII Festival de Panxoliñas, que organiza a Coral Polifónica ribadense.

O 23 de decembro terá lugar na Igrexa Parroquial de Ribadeo o XXII Festival de Panxoliñas, que organiza a Coral Polifónica ribadense.
 
A Coral Polifónica de Ribadeo organiza o XXII Festival de Panxoliñas que terá lugar o venres 23 de decembro, ás 20:15 horas na Igrexa Parroquial de Ribadeo.
 
Este ano actuarán neste festival de panxoliñas catro agrupacións. Ademais da propia Coral Polifónica de Ribadeo, tamén participarán o Coro Infantil e Xuvenil Sagrado Corazón, o Coro Virxe do Mar de Cedeira e a Coral Alborada de Viveiro.
 
O repertorio fará un repaso polas pezas máis clásicas das tradicionais composicións navideñas.