Cervo acollerá o 25 de febreiro o 1º Circuíto de Baloncesto Precadete Masculino, que tamén pasará por Láncara, Vilalba, Quiroga e A Fonsagrada. O evento foi presentado na Deputación de Lugo.

Cervo acollerá o 25 de febreiro o 1º Circuíto de Baloncesto Precadete Masculino, que tamén pasará por Láncara, Vilalba, Quiroga e A Fonsagrada. O evento foi presentado na Deputación de Lugo.
 
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Director Deportivo da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Ruben Engroba, o Representante da Federación Galega de Baloncesto en Lugo, Alejandro Alcalde e a Xerente da empresa patrocinadora Ferreiro SuministrosIndustriales, Nadia Álvarez, presentaron no Salón de Actos da Deputación, o 1º Circuíto de Baloncesto Provincial Precadete Masculino. A Deputación colabora na celebración deste proba cunha achega económica de 1.500 euros. 
 
Rivera Capónrecoñeceu a importancia deste tipo de iniciativas “que van encamiñadas a promover o deporte base e á mocidade, xa que son preto 300 xogadores non federados os que poderán participar no torneo, o que supón, ademais, un importante revulsivo económico do que se aproveitarán os cinco concellos da provincia”. 
 
Neste sentido, agradeceu a “deslocalización” do torneo, que permitirá levar o baloncesto a vilas nas que sería difícil organizar este tipo de eventos deportivos. “Por iso dende a Deputación consideramos de vital importancia colaborar con proxectos que contribúan a dinamizar o deporte base, e ao mesmo tempo poñer en valor os recursos gastronómicos e culturais das nosas vilas e as nosas comarcas”, sinalou.
 
A competición, promovida pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, está dirixida a xogadores nados no ano 2002 e posteriores, e para unha categoría non federativa. O circuíto comeza o día 8 de decembro e remata no mes de xuño de 2017 e desenvolverase en cinco sedes distintas; Láncara, Vilalba, Cervo, Quiroga  e A Fonsagrada; esta última localidade acollerá a final.
 
Pola súa parte, Rubén Engroba, que agradeceu a colaboración da institución, destacou que “o obxectivo é incentivar o baloncesto en Concellos que están creando equipos de base ou non os teñen, pero que contan con magníficas instalacións para a súa práctica”. 
 
Funcionamento
O funcionamento do campionato é o seguinte; participarán catro equipos en cada sede, competindo en horario de mañá e tarde por quedar campión de sede. As  semifinais disputaranse en horario de mañá, e xa de tarde, o 3º e o 4º postos e a final, previa á entrega de trofeos para todos os equipos. Todos os partidos estarán arbitrados por árbitros oficias da Federación de Baloncesto.
 
Datas da competición
Este 1º Circuíto de Baloncesto Precadete Masculino celebrarase en 5 concellos da provincia de Lugo, co fin de levar a todas as zonas o certame. As datas son as seguintes:
- Láncara, 8 de decembro
- Vilalba, 7-8 de xaneiro
- Cervo, 25 de febreiro
- Quiroga, 8-9 de abril
- A final será na Fonsagrada, en xuño, para oito equipos e competición de 2 días.