Un ano mais, a parroquia barrreirense de Celeiro de Mariñaos celebra a Romería de San Caetano. Será os vindeiros 19 e 20 de agosto a carón da capela homónima. O venres 19 a partir das 9 da noite poderanse degustar torrezmos e chourizos e disfrutar da música tradicional de CANTOS DE TABERNA, de Mondoñedo e do grupo de gaitas OS LAMBÓNS, e a partir das 11 e media actuará o grupo VERSIONS BAND, con temas dos 80 e dos 90.
O sábado 20 á 1 da tarde terá lugar a misa e a procesión en honra a San Caetano e seguidamente Sesión Vermútortilla, concurso de tortillas e degustación da Gran Tortilla de San Caetano. Ameniza a charanga VA K PINTA que actuará durante toda a tarde tamén.
Pola tarde haberá xogos tradicionais e o espectáculo de KOTE MALABAR, para nen@s e maiores.
Ás 8 da tarde celébrase o concurso Máster Tortilla, coa elaboración de tortillas en directo no mesmo campo da festa.
Pola noite, verbena co dúo AGUA MARINA e celebraráse o xa tradicional Baile do Farolillo. A festa rematará con unha chocolatada gratuita para tod@s.
Desde a comisión convidan ao público a achegarse un ano mais a esta romería nesta fermosa paraxe, e nun ambiente familiar e acolledor, nunha romería que segue conservando o auténtico espíritu das nosas festas de sempre.