A Asociación Pasada das Cabras de Burela vai facer o vindeiro sábado, 20 de agosto, a 8ª Etapa do Camiño Norte de Santiago, dende Miraz a Roxica, de 14 quilómetros.
A saída será ás 8 da mañá da Estación de Autobuses de Burela.
O prezo será de 12 € para os socios e de 15 € para os que non o son. Inclúe autobús máis seguro. Hai que levar comida.
Para poder participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do venres 19 de agosto ás 15:00 horas.