A Oficina de Turismo de Ribadeo acollerá do 9 ao 19 de xullo unha exposición da artista ribadense Carla Méndez. "Aires dos anos 30" é unha mostra de 14 láminas realizadas con técnicas mixtas.

A Oficina de Turismo de Ribadeo acollerá do 9 ao 19 de xullo unha exposición da artista ribadense Carla Méndez. "Aires dos anos 30" é unha mostra de 14 láminas realizadas con técnicas mixtas.
 
Do 9 ao 19 de xullo estará aberta ao público na Oficina de Turismo a mostra Aires dos anos 30, Exposición de debuxo da artista ribadense Carla Méndez. Trátase dunha selección de 14 láminas, realizadas con técnicas mixtas como acuarela, tinta china, pastel ou sanguina. 
 
Carla Méndez explica que “forman parte dun caderno de campo que fixen o ano pasado, que ven sendo unha carpeta de debuxos principalmente para estudio ou experimentación do propio artista con diferentes técnicas ou temas. Un caderno deste tipo é algo moi persoal, xa que ao ser de experimentación mostran totalmente a expresividade e personalidade de cada artista. Estamos acostumados a ver sempre as obras acabadas, polo que me pareceu interesante mostrar o camiño que hai antes de todo iso”. 
 
A artista ribadense conta que “o meu caderno ten como tema principal o desnudo dos anos 30, a partir de fotografías reais fixen interpretacións no papel. Isto son so unhas mostras duns 50 debuxos que fixen en total. Houbo moitas probas, uns están mellor que outros, pero ao final o que conta é a aprendizaxe , a soltura que se adquire e a expresividade”. 
 
Para Carla Méndez este é un momento especial porque “é a primeira vez que realizo unha exposición seria en Ribadeo, xa que fixen unha pequena mostra nun bar o verán pasado, ao que lle estou moi agradecida por que me cederan un pequeno espazo para expoñer. Decidín expoñer despois de ver unha pequena exposición na antiga oficina de turismo, pensei e por qué non. Falei co Concello, mostreilles a miña obra  e déronme todo tipo de facilidades, polo que teño que agradecerlles a súa atención”. 
 
Carla Méndez engadiu que “me fai moita ilusión que a primeira exposición sexa no meu pobo e mais aínda nunhas datas coma as do Ribadeo Indiano. Cando escollín as datas foi totalmente por casualidade, foi despois cando me din conta de que cadraba coa festa indiana, polo que me alegrei moitísimo, xa que os meus debuxos teñen ese aire vintage característico desta festa”. E considera que “esta é unha oportunidade boísima para darme a coñecer, xa que acudiran un montón de persoas a Ribadeo nese fin de semana. Convido a todo o mundo a que se achegue do 9 ao 19 de xullo ata a Oficina de Turismo de Ribadeo”.